Bhima Tay

Este blog se creó para divulgar las creaciones y actividades de Bhima Tay, vidente, periodista de lo desconocido y poeta. Aquí encontraréis artículos relacionados con la videncia, el tarot evolutivo, la magia y poemas extractados de sus libros.

miércoles, noviembre 14, 2007

NOTICIAS INSÓLITAS

RADIO MELIDE
“O ESPELLO INTERIOR”, 29-9-06, 1ª ed.

NOTICIAS INSÓLITAS DO MUNDO REAL

RAFAGA MUSICAL

No informativo especial do insólito esta semana destacamos a xoia chegada do espacio exterior nun dos colares do faraón Tutankamon, iso é á conclusión que chegaron os investigadores tras descubrir que o vidro que aparece na xoia procedía do impacto dun meteorito na terra. Falaremos disto nos próximos minutos e doutros temas como a noticia dunha panteira pantasma en Francia e ademáis a interrogante por parte dos científicos de se compartimos xenes neardentais e irémonos a India, porque alí desde fai varios anos hai unha comisaría embruxada.
Falaremos destes e doutros temas e agora os titulares con…

RAFAGA MUSICAL(3”)
- ¿Volve a maldición de Superman? O diretor da película declarou que durante a rodaxe ocurriran varios incidentes paranormais.
- Unha pantasma na nova película de James Bond.O avión que rodou unha escea encenderónselle algunhas luces e o sistema de emerxencia de forma misteriosa.
- Desenvólvese un xogo virtual para investiga-la telepatía. O obxetivo é comprobar que a telepatía existe.
- O CSIC busca a Atlántida en Huelva, despois de estudiar varias fotografías satélite onde aparecen dous templos cas características que describira Platón o mencionar a este continente.
- ¿Hai pantasmas na capela Rosslyn? Durante o ensaio dunha obra os actores puderon presenciar figuras pantasmais que merodeaban polo edificio.



(RAFAGA MUSICAL
Noticias insólitas en “O espello interior” e comenzamos falando da xoia dun dos colares ceremoniais do faraón Tutankamon, xa que desde que no ano 1996 Vincenzo de Michele, un mineralista italiano, observase unha estrana xema amarela-verdosa nun dos colares ceremoniais do faraón Tutankamón, moitas foron as teorías que xurdiron con respecto a súa procedencia.
-------------------------------------------------
A gran maioría afirma que dito colar ten unha orixe extraterrestre porque se descubriu que a xoia era de vidro e databa dun tempo anterior a primeira civilización exipcia.
Unha das últimas especulacións en chegar a nosa redacción é a do científico austríaco Christian Koeberl, quen cre que a procedencia do vidro se debe o impacto dun meteorito sobre a terra.



E falamos agora dunha última investigación xenética.
Os científicos cuestionanse se temos xenes neardentais.
O instituto alemán Max Planck e a compañía norteamericana de biotecnoloxía 454 life Sciences queren crear o mapa xenético do home neardental co fin de comprobar se o humano actual comparte os xenes dominantes destes homínidos
---------------------------------------------------------------------
Os resultados da investigación axudarán a comprender o proceso evolutivo e o modo no que os seres humanos lograron desenvolver o proceso cognitivo que lles permitiu impoñerse ás especies rivais.Para iso utilizarán os restos de ADN dos osos achados nunha cova de Croacia

_


E vámonos á India.Alí unha comisaría está embruxada, é a comisaría de policía de Meenapur, que desde fai varios anos conta cun axente do corpo un tanto peculiar.
Bowler Saher, oficial de policía inglés, non goza da simpatía dos seus compañeiros, esta situación, en principio parece normal, pero en realidade non é nada corrente, porque Bowler Saher non é senón unha pantasma que ten atemorizados a tódolos axentes de dita comisaría.
Parece ser que Sahed era un policía destinado na India durante a ocupación británica e morreu queimado nese cuarteliño.Agora, os policías dicen que o espíritu de Sahed “castiga” a todo aquel que osa sentarse na súa silla preferida con desgracias e percances que chegan a afectar á súa vida personal, incluso chegou a lanzar polo aire a un policía que se atreveu a sentarse na dita silla.
Debido a isto só o xefe do cuarteliño permanece na habitación na que mora o espectro do policía inglés, aínda que non se atreva a sentarse na silla.



E temos que falar da volta da maldición de Superman, porque iso é o que parece a raíz dos últimos a contecementos durante a rodaxe da nova película de Superman; o seu diretor, Brian Singer, comentou que o equipo sufrira varios incidentes, como unha caída polas escaleiras, choques contra as ventás e algún que outro porrazo.
As súas declaracións contribúen a aumenta-la lenda maldita do superheroe

Desde que os irmáns Fleicher vironse obrigados a pechar o seu estudio meses despois de produci-la primeira cortometraxe da serie nos anos 40, moitos actores e compoñentes do equipo da rodaxe padeceron a maldición de Superman. O caso máis coñecido é o de Christopher Reeve, que tras quedar tetrapléxico ó caer dun cabalo, faleceu en 2004; pero xa o primeiro Superman, Kirk Alyn, e George Reeves-outra das caras cinematográficas do personaxe- ou Margot Kidder, a inolvidable Lois Lane compañeira de Reeves, sufriron no seu día este castigo sobrenatural.


­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­

E seguimos con outro fenómeno estraño no cine, xa que a rodaxe da nova película de James Bond, Casino Royale, viuse alterado despois de que varios membros do equipo presenciarán fenómenos estraños a bordo dun antigo Boeing 747.

Ó avión, utilizado para rodar unha escea, encenderónselle algunhas luces e os sistemas de emerxencia da aeronave, aínda que o aparato carece de sistema eléctrico, según varios técnicos da rodaxe.
Ademáis outros testigos dixeron haber visto unha figura pantasmal. Según David McAllister, portavoz do aeródromo de Dunsfol en Inglaterra, donde está aparcado o avión, fai tempo que ocurren estes problemas que todos atribúen o espíritu dunha muller falecida no aparato fai anos.
__________________________________________


O CSIC busca a Atlántida en Huelva. Un equipo de científicos españois do Concello Superior de Investigacións Científicas está buscando na Marisma de Hinojos, nos terreos do Parque Nacional de Doñana, os restos da mítica Atlántida.

O equipo dirixido por Juan José Villarías intenta confirma--la teoría do científico alemán Rainer Küners, quen en 2003 planteou a posibilidade de que o continente mencionado por Platón estivese nesta zona do Sur.
O equipo do CSIC está utilizando unha sonda mecánica e un xeorradar, aparatos cos que intenta averiguar se hai restos dun asentamento humano na zona ou se se trata dun capricho orográfico do terreo.





E outras noticias de interese: a primeira ocurrida ó Norte de Francia, alí unha panteira pantasma aterrou ós bañistas das praias de Calais, que tiveron que pecharse ó público durante a primeira semana do pasado agosto. E aínda que a policía chegou a ver ó terrible animal, o gran felino negro non puido ser capturado
- Científicos da Universidade de Manchester no Reino Unido desenvolveron un ordenador virtual para probar as capacidades telepáticas das persoas. En dúas habitacións separadas colocaranse a 2 voluntarios unidos afectivamente, un deles terá que seleccionar o obxeto que o seu amigo ou familiar lle intenta trasmitir. As conclusións daranse a coñecer a principios de 2007.
________________________________________________ E quédense con esta noticia
- O milagre das augas do mar Vermello foi provocado por un Tsunami, hipótese que defende JAMES Cameron, diretor de “Titanic”, di que unha erpción volcánica desencadeouse no archipiélago de Santorini, en Grecia, e provocou unha cadea de catástrofes naturais que foron plasmadas na Biblia

E finalizamos con outra de pantasmas, as supostas pantasmas que aparecen na capela Rosslyn, a colexiata de San Mathew, que adquiriu unha gran notoriedade nos últimos anos –tralo éxito da novela e a película “O Código da Vinci”- pola súa relación cos cabaleiros templarios e o paradeiro do santo Grial.
Recentemente volveu a ser noticia polas supostas pantasmas que merodean o edificio.

Iso é o que aseguran varios actores que en xullo deste ano ensaiaban unha representación teatral de “ O soño dunha noite de verán”
Según un dos membros do reparto, viu unha misteriosa figura “con aspecto de fada” no exterior da capela.
Outro dos actores asegurou haberse atopado frente a unha figura pantasmal no interior do edificio.
Según Simón Beattie, guía turístico da capela e productor da obra, este tipo de fenómenos ocurren en Rosslyn desde fai bastante tempo.
________________________________________________O que ninguén che conta contamoscho en “O espello interior” nas noticias insólitas. Toda a actualidade do misterio