Bhima Tay

Este blog se creó para divulgar las creaciones y actividades de Bhima Tay, vidente, periodista de lo desconocido y poeta. Aquí encontraréis artículos relacionados con la videncia, el tarot evolutivo, la magia y poemas extractados de sus libros.

viernes, octubre 19, 2007

एक्ष्पेरिएन्किअस् वितालेस EXTRASENSORIALES

TVG: “ Antes do silencio”: “predicións 2007

Presentación de BHIMA TAY

- É vidente, médium, especialista en tarot evolutivo, xornalista do descoñecido e escritora

PRIMEIRA EXPERIENCIA EXTRASENSORIAL: MORTE PREMONITORIA

Aos 7 años tivo a súa primeira experiencia extrasensorial ( videncia premonitoria), da que foi consciente aos 13 años:
Case tódalas tardes despois da escola Bhima Tay conseguía estar uns momentos coa Sra. Balbina, una muller chea de sabiduría e bondade que lle contaba contos que espertaban a imaxinación e a curiosidade dunha nena de 7 anos. Eran momentos da súa infancia moi felices e liberadores. Unha desas tardes non puido ir, a súa avoa Rosario díxolle que a Sra. Balbina estaba moi enferma. Bhima Tay, entre xogos e pensamentos de tristeza por non poder ver a súa fada preferida, tivo a ráfaga premonitoria: viuna tal e como logo esa noite a pudo ver realmente morta: estaba tendida no chan, amortaxada e cun hábito negro e branco, branquísima e moi bela, coma un anxo,…Foi a primeira percepción de videncia que lembra e tamén a primeira persoa que viu morta na vida real, e non tivo medo, era como algo natural, a pesar da tristeza que sentiu o ver que a muller que máis quería do pobo, despois da súa avoa, estaba morta.

2. VIDENCIA A TRAVÉS DO TAROT

- Foi aos 13 años tamén cando descubriu a baralla española como método adivinatorio e o tarot . Comenza a estudiar os Arcanos y a facer as súas primeiras lecturas; e Bhima Tay inexplicabelmente acertaba, sen nunca ler nin un libro de tarot, só guiada pola súa intuición e escoitando as mensaxes codificadas que lle trasmitías os seus dons.
- Desde los 13 a los 21 ( y paralelo a os seus estudios de Filoloxía Hispánica) segue profundizando no tarot evolutivo, na maxia natural e no mundo do descoñecido: lendo, estudiando, formándose e experimentando de forma autodidáctica ou dirixida por mestres.


- A partir dos 21 años traballa como profesional de tarot evolutivo. Fai 17 anos.

- Estudiou e continúa estudiando diversos tarots ata a actualidade: Tarot de Marsella, Tarot de Rider Waite, Tarot céltico, Tarot de Vizoso-Aneiros, tarot exipcio, Tarot de Jodorowski e Camoin, tarot de Osho,…
- Na actualidade está estudiando o Tarot de Leonardo Da Vinci.







3. EXPERIMENTOU VIAXES ASTRAIS:

3.1.Ano 1995, 27 anos: separación corpo físico do corpo sutil.

( Despois de estar lendo un libro sobre viaxes astrais antes de durmir)
Unha mañá espertou e foi incapaz de moverse; non podía mover ningún músculo e unha sensación no corpo de intenso formigueo e coma se pesase moito . Tentou encender a luz e apagar o reloxio que soaba máis forte ca nunca…, e pasaron coma 3 minutos para que puidera facelo; sentíndose mareada e co corpo eléctrico.
(*Logo soubo que espertou cando o seu corpo físico e o corpo astral estaban separados e unidos por un cordón sutil de enerxía chamado fío de prata)

3.2. Ano 1998, 30 anos: viaxe astral a Londres

(Momento sensible: contradicción moi forte entre o desexo de ir a Londres e a imposibilidade física)

(Despois dunha conversa cun amigo sobre o tema)
Agotada Bhima Tay tumbouse riba da cama, eran sobre as 8 da tarde, levaba varios días case sen durmir mais experimentaba unha gran enerxía psíquica e conexión con espíritos: incoscientemente viaxou a Londres, era de noite nunha rúa moi limpa e iluminada, todo trasmitía paz e liberación. Entrou nun pub moi armónico, cálido, a música era fantástica, unha música innovadora que Bhima Tay nunca antes oira. A xente estaba falando, sorrindo, bicándose,…Avanxou cara o fondo e falou cunha persoa, falaba nun perfecto inglés coma se ela pertencera desde sempre a ese lugar; empezou a abrazala como se antes xa a coñecera, de outras vidas, ou quizáis viaxe cara o futuro. A sensación era real, vivida, consciente na súa inconsciencia.

O efecto posterior é sumamente gratificante e liberador. Recarga enerxética.

3.3. Ano 2006, 38 anos: viaxe astral a un templo zen

Nun período moi creativo e de case paz interior; cansada despois de escribir e meditar: Bhima Tay púxose en posición fetal e nun viaxe consciente viaxou a un lugar moi armónico, era un día soleado e escoitábase o mar. Ela asociouno a un templo zen privado onde o mestre zen lle falaba do potencial interior do amor como o máis importante, máis alá do silencio, máis alá do misterio…

4. REGRESIÓNS A OUTRAS VIDAS

4.1. Ano 1995, 27 anos: Regresión a Exipto

Bhima Tay sobrecargada física, emocional e espiritualmente; plantexándose facer cambios importantes na súa vida: (en media hora tiña que ir a traballar, algo que lle costaba moito), deitouse uns minutos no sofá e ocorreu: sen saber como viuse e sentiuse en Exipto na época dos faraóns: ela era unha princesa exipcia desesperada nun monte, chorando e tentando avisar ao seu amado (un soldado rebelde ao seu pai, o faraón) de que o ían matar…puido sentir como o alcanzaba, se bicaban e falaban máis alá da poderosa morte que o arrebatou nos seus brazos.

4.2. Ano 1999, 31 anos: regresión a Idade Media:

Con présas, tiña que coller o autobús ( rúa de San Roque, Santiago de Compostela); de repente todo cambiou, o tempo detívose porque a beirarrúa de enfrente convertiuse nun mercado medieval. Bhima Tay sentía os sons do mercado, a felicidade por estar aí, ela sentía que era una moza de clase campesina que contemplaba o mercado e podía sentir que algunha ledicia se agochaba naquel mercado, onde se podían ulir a especias e as herbas.

4.3. Ano 2003, 35 anos: regresión ao Renacemento

(Despois de preparar un programa de radio sobre as bruxas das Covas de Zugarramurdi e as inxustizas que a Santa Inquisición fixo cos elas nos cárceres e sobre o Auto de fe celebrado en Logroño en 1610 que levou a 6 bruxas a fogueira,…)

Moi sensibilizada co tema, porque Bhima Tay é bruxa na súa vida actual e sabía que fora xa bruxa nunha das súas vidas anteriores na época do Renacemento, por un estudio que lle fixera unha astróloga Kármica, Luna; e fora precisamente unha bruxa queimada na fogueira polo Santo Oficio…
Vencida polo cansancio, morta de sono e reflexionando sobre o tema, entre datos, papeis e as pinturas da época que se quedaron inmovilizadas na pantalla do ordenador; grabados que representaban as bruxas no clímax da dor polo lume hipócrita de mentes aviesas. Nese momento a mente e o espíritu de Bhima Tay fundiuse cun deses grabados e ocurriu: volveu ao momento onde foi queimada, sentiu as chamaradas rachar a súa pel, pero a maior dor era non poder facer nada contra eses seres negros, inxustos e ignorantes da profunda alma humana; só lle quedaba a esperanza, e ela xa o sabía, de que un día se faría xustiza; de que un día chegaría o día das bruxas, e se respetarían as diversas formas de vida.

5. CONTACTO CON ESPÍRITOS

5.1. Ouija: ós 13 anos fixo ouija por primeira vez.
Practicouno durante 8 anos: contacto con distintos espíritos ( un rapaz do século XV que morrera en morte tráxica nun accidente dun carro de cabalos; Víctor, xoven amigo que morrera ós 21 anos de cancro e faláballe do paraíso no que estaba…, outros espíritos non tan evolucionados, un expulsouna da sesión, e o último contacto en soedade co maligno ( o demo), apareceu “gogo”; neste caso Bhima Tay tivo que expulsalo a el,… pero a experiencia marcoulle e nunca máis fixo ouija…
5.2. Contacto directo con espíritos: escoita voces, mensaxes, presenzas, …(desde os 7 anos)
- Patricia: unha amiga morta de forma tráxica en accidente ( ano 1994)
- Sentíu e escoitou a Quevedo mentras escribía poesía,… (en diversas ocasións: a 1ª no ano 1999)
- O seu avó Eumenio,…( desde 1986- actualidade)
- Lorca ( desde 1998,…), Leonardo Da vinci ( desde 1983 ata a actualidade)
- A súa avoa Rosario (2006),…
- Outros seres espirituais ( non sempre identificados,…)



6. PSICOGRAFÍAS REVELADORAS
- Desde fai 8 anos. Son esporádicas . A última moi importante para a súa vida
( conexión co espírito da súa avoa e Leonardo Da Vinci)


7. PSICOFONÍAS:
- Obtención de psicofonías espontáneas mentras traballa na súa consulta, preparando programas ou clases.

8. MANCIAS QUE DOMINA, ESTUDIA E PRACTICA:

- Videncia natural, Tarot evolutivo, quiromancia, cafeomancia, I ching, bola de cristal,…

PRACTICA A BRUXERÍA E A MAXIA: fai rituais de maxia branca persoalizados, limpezas aúricas e é especialista en “aollamento”

9. OUTRAS EXPERIENCIAS INEXPLICABEIS

- Ano 1989, 21 anos: avistamento ovni nunha montaña de Lugo
- Ano 2003, 33 anos: teletrasportación (durante 3 horas sen saber que ocorriu)
- Diversos contactos telepáticos ao longo da súa vida
- Soños premonitorios: aviso da morte da súa avoa Rosario,…

9. EXPERIENCIA LABORAL INFORMANDO, INVESTIGANDO E DIVULGANDO SOBRE O DESCOÑECIDO

Experiencia en la radio: programas y espacios do descoñecido

- O seu primeiro programa na radio foi en 1993, “ El espejo” en Radio Radio ( Monforte de Lemos)
- Pero sería no 2000 cando , dirixe y presenta “ Un ar de charada” en Radio Arteixo, que comenza a divulgar temáticas relacionadas co misterio, o descoñecido, o tarot evolutivo, a maxia e as terapias alternativas.
- No 2002 comenza la andadura de “El espejo interior” en Radio Arzúa, un programa do descoñecido, o misterio, fenómenos estraños y casos sen resolver que estivo en antena ata o 2003
- “El espejo interior” sae ao aire en 2005 en Radio Obradoiro, cun formato de xornalismo de investigación.
- Entre o 2000 e o 2006 dirixiu e presentou diversas secciones relacionadas ca a lectura de tarot evolutivo, entrevistas sobre o descoñecido, a maxia natural e as terapias alternativas:
- “Meigas fóra” Radio Arteixo ( 2000-2001)
- “Espejo mágico” e “Terapias alternativas” Cadena Noroeste, Santiago de Compostela ( 2001)
- “Bhima Tay” Radio Estrada (2002)
- “ La voz interior de Bhima Tay” Radio Pontevedra, Cadena Ser (2003-2004)
- “La voz interior de Bhima Tay” Radio Lalín ( 2004)
*En televisión ( Galivisión, Marín) dirixiu e presentou “ El espejo mágico de Bhima Tay” (2004-2005)

10. Tamén é escritora de poesía e artígos relacionados coa maxia e o tarot evolutivo
- A súa poesía metafísica recóllese no libro Metafísicas sendas y otros poemas, Zamora, Follas Novas, 2001 e nas antoloxías: Regalos del alma (2005)y Pétalos de pasión ( Centro de Estudios poéticos, Madrid, 2006) e en diversas revistas literarias ou culturais.

- Os seus artigos sobre maxia e tarot evolutivo foron publicados en Mandala, revista alternativa da que foi coeditora entre octubre de 2005 y junio de 2006.




É profesora de tarot evolutivo, maxia y autocoñecemento; imparte cursos desde o ano 2000.

* Na actualidad preparando o seu segundo libro de poesía e artigos sobre maxia, o tarot evolutivo e o descoñecido

domingo, octubre 14, 2007

एले GIOCONDA


William Blake

La insensatez es un laberinto sin fin;
raíces entrelazadas confunden sus caminos.
¡Cuántos han caído en él
tras tropezar la noche entera con los huesos de los muertos!
No sabían sentir; sólo se empeñaban
en guiar a otros, cuando ellos eran los que necesitaban ser guiados.

(WILLIAM BLAKE)